30/4/08

A robótica




Un robot é un dispositivo electrónico xeralmente mecánico, que desempeñar tarefas automaticamente, xa sexa de acordo a supervisión humana directa, a través dun programa predefinido ou seguindo un conxunto de regras xerais. Un robot tamén se pode definir como unha entidade feita polo home cun corpo (anatomía) e unha conexión de retroalimentación intelixente entre o sentido e a acción non baixo a acción directa do control humano. Están deseñados para facilitar o traballo realizado polo humano e ao tempo aforrar tempo e capital realizando as tarefas dunha forma máis dinámica e eficaz. Os robots están destinados a moitos fins: ocio, produción industrial, investigación da ciencia como os satélites, etc... Pero hoxe en día o labor do robot esta destinada sobre todo á produción industrial. Algúns exemplos de robot industriais son: -Robots de cargas de maquinas.
-Robots de corte.
-De empaquetado
-De extracción.
-De fundición.
-De limpeza pulverización.
-De manipulación.
-De medición e control.
-De montaxe.
-De pintura. O exemplo mais sinxelo de robótica industrial é CITROEN, especialmente esta xa que un dos seus núcleos mais importantes concéntrase en Vigo ( Zona Franca). Este complexo industrial posúe numerosos e complexos robots para a montaxe, fabricación e produción dos seus automóbiles. É de tal grao de eficacia o seu complexo que ata tivo unha produción de422.950 en 2005. A súa planta planta conta con 8500 persoas e talleres de embutición, soldadura, montaxe e pintura.

No hay comentarios: