20/2/08

O Sistema de posicionamento global GPS



Por Sandra Brito. 4º ESO Diversificación Curricular

Curso 2007/8Febreiro 2008


¿Que queren dicir as siglas GPS?. Trátase do Sistema de posicionamento global por medio de satélites. Existen 27 satélites (24 operativos e outros 3 por se algún dos outrosfalla) que xiran arredor da Terra a uns 20.300 quilómetros de distancia e que se atopan repartidos en seis órbitas distintas. Esta rede de satélites recibe o nome de NAVSTARO sistema de posicionamento global consiste en 24 satélites distribuídos en 6 órbitas diferentes.Para que a rede GPS funcione necesítase que cada satélite transmita; de forma continua, sinais de radio a distintas frecuencias.A misión do receptor de sinal é recibir o sinal e debuxar unha esfera que ten como radio a distancia entre ambos os dous. Cando capta o sinal doutro satélite, as esferas coincide nunha área. Co sinal dun terceiro satélite, a área de influencia faise máis precisa.As estacións de seguimento son para que o sistema poida operar con maior precisión. Existen cinco estacións de seguimento repartidas no planeta. Están situadas na sede central de Estados Unidos, o resto en Hawai, Kwajalein e Atol de Diego García no Índico.A localización por satélite consiste en localizar ou posicionar coa maior exactitude posible un receptor determinado.O sistema GPS é moi preciso, non obstante existen factores que modifican a velocidade do sinal: por exemplo, partículas cargadas de ións e vapor de auga.A marxe de erro do GPS diferencial é de 1 metro.

No hay comentarios: