31/5/07




O iPod é un reprodutor de música dixital con pantalla a cor e discoduro, ou no caso do iPod nano e do iPod shuffle con memoriaflash, creado por Apple Inc.
A liña de produtos iPod, a excepción do iPod Shuffle, é coñecida pola súa interface de doado manexo baseada no uso dunha soa "rodatáctil", denominada por Apple Click Wheel (roda pulsable, enespañol), como a única forma de navegación.
Como a maioría dos reprodutores de audio dixital, cada un dos iPodpode ser utilizado como un disco duro externo ao ser conectado a unordenador.
Actualmente, a liña de produtos iPod componse tres series:
-iPod orixinal, con posibilidade de reprodución de vídeo e equipado cundisco duro de 30, 60 ou 80 GB.
- iPod nano equipado cunha memoria flash de 2 GB (en corprateada), 4 GB (prateado, azul, rosa e verde) ou 8 GB(negro). Tamén existe unha edición especial con carcasa vermella denonimada iPod nano, dispoñible en 4 ou 8 GB.
- iPod shuffle, sen pantalla e cunha memoria flash de 1 GB.
Apple TV, O novo lanzamento de Apple consiste nundispositivo que transmite todo o que se desexe da biblioteca iTunes e reproducilo na televisión.
Así pois, pódese reproducir música da biblioteca iTunes nun televisor ou coas últimas novidades reproducir Películas ou Podcasts, Fotografías, e ata as series de televisión que existan na biblioteca iTunes.
Historia
O iPod foi orixinalmente concibido por Tony Fadell, á marxe deApple. Fadell ensinou a súa idea a Apple, e foi contratado como un bo independente para levar o seu proxecto ao mercado. Fadell e o seu equipo foron responsables das dúas primeiras xeracións de iPod. Dende entón, o iPod foi deseñado polo equipo de Jonathan Ive.Despues de 9 meses de desenvolvemento o iPod foi sacado á venda o 23de outubro de 2001, soamente para os ordenadores Mac de Apple. No ano 2002, a segunda xeración foi introducida, en dúas variedades: unha para os usuarios de Mac, e unha para usuarios de Windows. A única diferenza entre os dous paquetes foi a inclusión do programa para organizar a música no iPod. Para Mac, foi incluído o programa iTunes, e para Windows, o programa MusicMatch Jukebox. Os iPods só funcionaban con ambos os dous sistemas. No 2003, Apple introduciu a terceira xeración de iPod, a cal viña cun solo disco que instalaba iTunes en Windows, ao igual que en Mac OS, actualmente o software pode ser descargado directamente dende a páxina web de Apple.
Capacidades No software O iPod pode reproducir arquivos MP3, WAV, AAC/M4A, AIFF eApple Lossless.
O iPod de quinta xeración tamén é capaz de reproducir arquivos de video en formatos H.264 e MPEG-4.Apple deseñou o iPod para funcionar principalmente en combinación coseu programa iTunes.
Con iTunes, o aparato pode automaticamente sincronizar a música da biblioteca do usuario coa do iPod cada vez que se conecta ao ordenador. As cancións, fotos e listas de reprodución novas cópianse automaticamente ao iPod e as cancións borradas son eliminadas tamén do iPod. Isto funciona tamén en sentido inverso, se se valora unha canción no iPod, a cualificación copiarase á biblioteca de iTunes. Ademais se se escoitan audiolibros, a posición destes tamén se sincronizará automaticamente. iTunes dá a opción de sincronización manual ademais de función de sincronización automática.O sistema operativo do iPod inclúe videoxogos simples. Orixinalmente a primeira e segunda xeración só incluía o xogo brick, un clon do xogo Breakout. . Dende a terceira xeración en diante, inclúense tres xogos adicionais, que son:
Parachute (paracaídas): Un xogo simple onde o xogador dispara ahelicópteros e paracaidistas.
Solitaire: Xogo de cartas.
Music Quiz (Concurso de Música): Un xogo onde se reproduce unha canción e se presentan cinco títulos (catro no iPod mini) ao chou, entre os cales un coincide coa reprodución. A puntuación máxima para cada acerto diminúe en función do tempo transcorrido para realizar a elección, mentres o xogo vai descartando os títulos falsos. O xogo continua ata que o usuario o peche.
A última xeración de reprodutores iPod posúe a capacidade de descargar xogos de diversa temática dende a tenda en liña de iTunes.O programa recente de iTunes, reprodutor mais caracterizado é iTunes 7 que cada vesion ten máis efecto visual que a versión posterior. Aínda que á data saíron versións dun reprodutor de Música Chamado "Mp4Player", Estos non se comparan co iPod orixinal.


Rubén Lago Garrido e Borja Pérez López 4º ESO B. Curso 2006/07

No hay comentarios: