14/12/06

Telefonía por internet

TELEFONÍA POR INTERNET

Hoxe en día á xente gústalle falar moito os uns cós outros. Ó principio fixéronse programas de ‘chat’. Isto foi un boom na sociedade. Pero a xente ten ganas de coñecerse máis a fondo. Con tal motivo creáronse algúns programiñas para poder falar por internet. Existen programas para facer chamadas ou videochamadas pola rede. Hai moitos programas que serven para falar coa xente por internet. A continuación analizaremos algúns.

VoiceCheap: Este é un programiña que permite realizar chamadas de audio a 37 países do mundo de forma totalmente gratuita. Pódese chamar tanto a ordenadores como a móviles. Ademáis destes 37 países, pódese chamar a calquera parte do mundo, só que pagando un módico prezo.

MSN Messenger: Este programa ten a función de permitir chatear cós teus coñecidos. Actualmente pódense realizar videoconferencias, cousa que o VoiceCheap non permitía.

Skype: Este é o programa máis utilizado para realizar chamadas ou videochamadas a través de internet de forma totalmente gratuita a calquera parte do mundo.

No hay comentarios: